13/03/2012

CHAT SAR

bueno un saudo a todos so decirbos que creouse un char sobre a sar entrade en disfrutar ariba na pestaña de chat

29/07/2011

Presentación

Despois de tantos anos de traballo e andaina conxunta, queremos agora achegarnos ás novas tecnoloxías para axudar a divulgar o mundo do noso club, a Sociedade Atlética Redondela de balonmán. Con este blog pretendemos levar as nosas actividades a toda a xente redondelá e aos seareiros do balonmán en xeral, e contribuír a que os nosos equipos e a nosa canteira teñan un lugar de referencia común onde informarse sobre as competicións, as clasificacións e todas as noticias de interese para o balonmán.

A partir de agora esta será a nosa casa virtual.

Benvidos e benvidas!