O próximo sábado, 19/03 ás 13:00h, o equipo infantil masculino D. H. da SAR xoga o partido de ida da promoción para manter a categoría contra o Lucus. Acadar salvar a categoría semellaba tarefa imposíbel a principio da tempada, agora, meses máis tarde, os rapaces co seu traballo poden trocar o impensable, pero para iso necesitan a calor e o apoio de todos. Agardamos a vosa presenza. ¡APA SAR!