Despois de tantos anos de traballo e andaina conxunta, queremos agora achegarnos ás novas tecnoloxías para axudar a divulgar o mundo do noso club, a Sociedade Atlética Redondela de balonmán. Con este blog pretendemos levar as nosas actividades a toda a xente redondelá e aos seareiros do balonmán en xeral, e contribuír a que os nosos equipos e a nosa canteira teñan un lugar de referencia común onde informarse sobre as competicións, as clasificacións e todas as noticias de interese para o balonmán.
A partir de agora esta será a nosa casa virtual.
Benvidos e benvidas!
Que boa idea a do blog, os que estamos fora, levámamos tempo esperando isto, ademais sería unha gran idea o abrir un foro donde todos os seguidores nos poidamos conectar e intercambiar impresions.
ResponderEliminarUn saudo e noraboa polo blog.